SEMINARIO PERMANTE IES XELMIREZ I REDES SOCIAIS E CONFLITOS ESCOLARES

XUSTIFICACIÓN.

            No mundo actual a escola non pode vivir de costas ás novas tecnoloxías . As oportunidades que nos brindan as redes sociais,  os dispositivos móbiles e as distintas tecnoloxías da información e comunicación poden ser moi útiles nas nosas aulas, pero, sabemos cómo evitar un uso inapropiado? somos capaces de percibir situacións de conflito e ciberacoso nos nosos centros escolares? Estas e outras cuestións acerca do tema fixéronnos reflexionar e por iso pensamos en afondar neste asunto que preocupa moito aos docentes hoxe en día.
 As cifras falan de que máis dun 3% do alumnado sufre ou sufriu acoso nos últimos anos, un 10% séntese ameazado, un 19% admite ter acosado algunha vez e o 81% está preocupado polo tema do ciberbullying, por iso consideramos que abordar o asunto é necesario neste momento.
  As tecnoloxías son ferramentas importantes na formación, na socialización e no ocio dos adolescentes, pero un mal uso pode resultar danoso e conlevar situacións lesivas nos menores afectados polo “ciberacoso”, é dicir, o acoso escolar que emprega como medio as TICs. Así que queda recollido no artigo 28 da Lei 4/2011 incluindo este feito como unha extensión da definición de acoso escolar. No punto 2 do artigo 12 da devandita lei, recóllese que  esas condutas do alumnado realizadas fóra do recinto escolar, relacionadas coa vida escolar e lles afecten aos compñeiros ou membros da comunidade educativa, constitúen acoso escolar consonte ao artigo 28.
 Asemade, na Lei 4/2011, no artigo 15, establécese como conducta gravemente perxudicial para a convivencia a grabación, manipulación e difusión por calquera medio de imaxes ou información que atenten contra o dereito á honra e dignidade da persoa, intimidade persoal ou familiar  e a propia imaxe dos demáis membros da comunidade educativa.
 Así as cousas, os docentes querremos conseguir erradicar esas condutas e consguir que as novas tecnoloxías sexan unha fonte de experiencias positivas por iso o obxectivo deste gruopo de traballo é conseguir  detectar un problema, e resolvelo, intervindo de forma crítica, reflexiva e preventida. A orientación do noso traballo pretende ser restauradora, non punitiva,  dirixida a brindar oportunidades, e a traballar de maneira comprometida sobras as prácticas cotiás nas redes sociais .
 Contamos con un protocolo de actuación oficial, pero antes de recurrir ás medidas últimas sancionadoras, creemos que é fundamental a prevención, e a detección precoz destes comportamentos, así como a reeducación. Por iso plantexamos unha serie de actividades enfocadas a traballar na titoría de maneira participativa.
 O noso traballo estructúrase en tres partes nas que abordamos de forma práctica os conflictos provocados polo chamado ciberacoso ou “ciberbullying”:
Prevención, detección e actuación.
 Na primeira parte da nosa proposta traballamos unidades didácticas, dinámicas de grupo de xeito que teñan un efecto de sensibilización cara este tema. A prevención require eduación en valores, por iso podemos traballar o os conflitos por ciberacoso de maneira interdisciplinar.
 Na prevención temos unha responsabilidade compartida entre nais/pais, centros, institucións, e os propios alumnos e alumnas.
 Os pais e nais deben investir tempo  en estudiar e esculcar as redes sociais, en poñer normas e límites, en comunicar valores, sende eles os propios modelos a seguir, co seu exemplo. Nos centros e institucións debemos facer un uso responable das TICs implementando sistemas de screenning e detección precoz, pasando nas clases cuestionarios, e estando moi atentos ao que sucede ao noso redor, e por suposto, facer protagonistas do su propio proceso de prevención ao adolescentes que  conviven con esta realidade diaria mediante obradoiros e actividades para traballar a autoestima, a empatía, a asertividade, a resolución de conflitos e alternativas de lecer.
 Nós como docentes debemos ACOLLER, AXUDAR E ACTUAR  para conseguir cambiar estes comportamentos .
 Neste traballo propoñemos un plan de prevención dende a acción titorial, con diferentes aplicacións didácticas para traballar nas aulas de titoría e tamén unha pequena guía de detección con sinais de alerta para detectar víctimas e agresores, incidindo na importancia de programas de educación en valores e habilidades sociais do espectador como elemento que  posibilita un cambio radical cando se produce unha situación de acoso, finalizando con unha breve guía do profesorado para actuar.

 Por iso, observar determinados comportamentos é fundamental para previr e detectar o acoso escolar, non ignorar estes sinais, identificalos e non ocultar nunca estes comportamentos, denunciando no centro para poder intervir.

Comentarios

Entradas populares