RECOMENDACIÓNS PARA A PREVENCIÓN DO CIBERBULLYING DENDE A CASA


1. RECOMENDACIÓNS PARA A PREVENCIÓN DO CIBERBULLYING DENDE A CASA:

DESCRICIÓN: Na reunión de principio de curso de nais, pais e titores; tratarase o tema do ciberbullying, incidindo na prevención e a implicación das familias na mesma.
METODOLOXÍA:
- Entregarase a cada familia un decálogo coas recomendacións a seguir desde o entorno familiar.
- Adicaráselle un tempo para que os pais expoñan as dúbidas, experiencias, opinións, ...

DECÁLOGO PARA A SEGURIDADE WEB NA TÚA FAMILIA

1. Para poder supervisar o que o teu fillo fai en internet, é necesario saber como funciona a web:
correo electrónico, chat, foros, redes sociais, e outras páxinas web polas que navegan os teus fillos.

2. A mellor ferramenta contra o ciberacoso é a prevención. Bloquea o contido que non sexa axeitada para o teu fillo e emprega un programa de control parental que che avise cando o teu fillo navega por páxinas inapropiadas para a súa idade.

3. Convirte a navegación en internet nun momento de ocio familiar. Comparte internet cos teus fillos e coloca o ordenador nun espazo común onde poidas supervisar as horas que pasa conectado.

4. Axuda aos teus fillos a crear a súa propia conta de e-mail. Se escolledes proveedores gratuitos (hotmail, yahoo, gmail, ...) poderán abrir a súa conta sen proporcionar información persoal. Axúdalles a escoller un nome de usuario que non revele información  persoal.

5. Explícalles a importancia de non facilitar nunca a súa enderezo, número de teléfono ou outra información familiar como o nome do centro educativo, os horarios habituais e as súas actividades extraescolares.

6. Ensina aos teus fillos que a diferenza entre o que está ben e o que está mal é a mesma que na vida real. Si ven que alguén molesta a outra persoa en internet non serán cómplices e informarán a un adulto da súa confianza.

7. Recomenda aos teus fillos que se guien polo sentido común. Recórdalles que nunca dialoguen ou  amosen signos de confianza con descoñecidos e que dubiden do que outros escriben en internet, porque pode ser falso.

8. Advírtelles que nunca se citen cunha persoa que coñecesen pola rede, do mesmo xeito que nunca se irían cun descoñecido na rúa. Recoméndalles tamén que non compartan fotos ou datos persoais con descoñecidos, tanto de si mesmos como dos seus amigos.

9. É posible que non sempre poidas estar presente mentres os teus fillos naveguen por internet pero recorda que podes consultar o historial das súas páxinas visitadas. Faino con discreción para non perder o seu respecto e confianza.

10. É importante que esteas pendente dos cambios de humor bruscos ou da alteración repentina de hábitos dos teus fillos en internet.



- Si se considera oportuno e se dispón de tempo recoméndase o visionamento do seguinte vídeo:

"Se leen las cartas" https://www.youtube.com/watch?v=LAayCQOJOrc

Comentarios

Entradas populares