CRITERIOS XERAIS DE IDENTIFICACIÓN DO CIBERACOSO. SINAIS DE ALERTA



 O ciberacoso caracterízase polos seguintes aspectos:

 1. A situación perdura no tempo. Quedan excluídas as accións puntuais que, aínda que puidesen ser un delito, non constitúen ciberacoso.
2. Adoita existir contacto ou relación previa no mundo físico entre vítima e persoa ou persoas acosadora/s.
3. Existe intención de causar dano, aínda que non sempre se dá nos primeiros estadios do proceso.
 4. Realízase mediante o emprego de medios TIC. Pode tratarse de internet ou calquera dos servizos asociados; teléfono móbil, redes sociais, plataformas de difusión de contidos, foros, blogs
 Tipos de ciberacoso
 O ciberacoso pode concretarse en:
- Fustrigamento: cando se envían imaxes ou vídeos denigrantes sobre unha persoa, virus informáticos, mensaxes ameazantes…
 - Exclusión: cando se usan contornos públicos para mandar comentarios despectivos ou rumores difamatorios co fin de provocar unha resposta expansiva, cando se lle nega o acceso a foros ou plataformas sociais á vítima…
- Manipulación: cando se utiliza información para difundila de xeito inapropiado entre os membros das redes sociais, cando se accede coa clave doutra persoa e se realizan accións que poden prexudicala no seu nome…

 Unha vez que se verificou unha posible situación de ciberacoso, o centro educativo deberá traballar de xeito inmediato e simultáneo en tres liñas de actuación: valoración, comunicación e accións de protección.

CRITERIOS DE IDENTIFICACIÓN DO ACOSO ESCOLAR
Para considerar un comportamento como acoso escolar debe cumplir as seguintes premisas:
- Intención de facer dano
- Repetición de conductas agresivas
- A duración no tempo


SINAIS DE ALERTA QUE PODEMOS PERCIBIR NAS AULAS E NAS CASAS

ACOSADORES/ACOSADORAS

1.      Situación social negativa
2.      Tendencia a abusar da súa forza
3.      Son moi impulsivos, desafiantes, intolerantes e arrogantes.
4.      Presentan unha serie de complexos que ocultan con actitudes agresivas.
5.      Teñen escasas habilidades sociais e dificultade para relacionarse coas personas da súa contorna.
6.      Baixa tolerancia á frustración
7.      Dificultade de autocrítica
8.      Dificultade para respetar as normas
9.      Relacións negativas cos adultos
10.  Falta de empatía cos seus compañeiros e compañeiras
11.  Culpan a terceiros dos seus problemas.
12.  Non asumen a responsabilidade dos seus actos
13.  Son moi competitivos
14.  Queren ser populares a toda costa
15.  Adican moito tempo ás Redes Sociais (coñecidos como frecuentadores)
16.  Xustifican o por qué das agresións = violencia
17.  Baixa percepción do risco no uso do ciberbullying
18.  Banalización do insulto
19.  Non recoñecen as consecuencias dos seus actos, é dicir non se arrepinten do seu comportamento.
20.  Teñen un círculo de amigos agresivos

SINAIS DE ALERTA QUE PODEMOS PERCIBIR NAS AULAS E NAS CASAS

ACOSADOS/ACOSADAS

1.      Síntomas sicosomáticos: dores de cabeza, dor abdominal, tendencias depresivas, ect.
2.      Presentan cadros de ansiedade e angustia repentina
3.      Finxen enfermidades para non acudir ó centro escolar.
4.      Manifestan que non teñen ganas de facer nada nin de vivir.
5.      Perden interese repentino polas súas actividades de ocio.
6.      Descuidan o seu aseo personal e o interés polas últimas tendencias en moda, música, cine, etc.
7.      Presentan lesións corporais sin explicación.
8.      Teñen problemas para durmir, pesadelos e están constantemente cansados/as.
9.      Regresan as súas casas coa roupa e os seus obxectos personales rotos e/ou sin eles.
10.  Sentimento de inferioridade, culpa, vergoña, impotencia, dor, etc.
11.  Sentimentos negativos: baixa autoestima, rabia, tristeza, ansiedade, pena, etc.
12.  Deixan de frecuentar e/ou íllanse dos seus amigos e amigas e encérranse nas súas habitacións.
13.  Cambian os seus hábitos alimenticios desenvolvendo patoloxías como anorexia e bulimia.
14.  Presentan maior absentismo e desexos de abandonar os estudos.
15.  Ausencias e fugas puntuais das súas casas
16.  Falta de atención e concentración.
17.  Baixan os seus resultados académicos
18.  Pérdeda repentina de interese polo uso do seu móbil
19.  Son alumnos e alumnas percibidos polos seus compañeiros e compañeiras como “diferentes” por diversos motivos: son novos no centro, visten roupa distinta, teñen sobrepeso ou son moi delgados/as, levan gafas, teñen aficións artísticas diferentes ás da maioría, teñen unha autoestima baixa, son pouco populares e taciturnos, son discriminados pola súa tendencia sexual, proceden de fogares desestruturados con diversos problemas como maltrato, desemprego e separación dos seus proxenitores, etc.)
20.  Vólvense “herméticos” e non queren falar do seu día a día nos centros escolares.
21.  Ás veces negan estar sufrindo acoso e, antes as preguntas dos proxenitores, poden reaccionar de maneira airada.

22.  Víctimas e agresores teñen dificultades na integración ou no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Comentarios

Entradas populares