ACTIVIDADE 3: AS REDES SOCIAIS E AS SÚAS NORMAS
3. ACTIVIDADE: AS DIFERENTES REDES SOCIAIS
E AS SÚAS NORMAS.
DESCRICIÓN: análise das redes sociais na vida cotiá do noso
alumnado e recomendacións para fomentar unha boa conduta do seu uso. As redes
que se analizarán serán: whatsapp, twitter, facebook e instagram.
METODOLOXÍA:
-O profesor establecerá 4 grupos . No caso de que os grupos superaran os 6
alumnos/as, poderanse facer máis grupos e repetir algunha das redes sociais.
- Cada grupo escollerá a un portavoz.
- Para adxudicar as diferentes redes sociais a cada grupo, o profesor
realizará un sorteo (por exemplo, escribirá o nome de cada rede social nun
papel e cada portavoz do grupo escollerá un).
- Dentro do grupo traballarase de
forma individual e de forma grupal:
a) Individualmente, cada
alumno terá 5 minutos para pensar e escribir as 5 recomendacións
sobre o bo uso da rede
correspondente.
b) Posteriormente, farase
unha posta en común dentro do grupo das súas ideas.
c) Reflexión e
conclusións.
- Cada grupo elaborará as súas cinco recomendacións nunha presentación
dixital (prezi, power point) ou
empregando outros materiais (como cartulinas) para presentalas ó resto da
clase. Na exposición deberán participar todos os membros do grupo.
- Despois de cada exposición, abrirase un diálogo /debate entre toda a
clase.
- Para finalizar recoméndase o
visionamento do seguinte vídeo:
"Se leen las cartas"
https://www.youtube.com/watch?v=LAayCQOJOrc
DURACIÓN: 3 sesións de 45 minutos cada unha.
GUÍA PARA O DOCENTE: Adxúntase modelo de normas para cada rede.
•
Whatsapp:
- Non escribas nada que non dirías á cara.
- Respeta aos demais e a súa intimidade.
- Evita comentar os rumores e intenta erradicalos do grupo.
- Non compartas contido ofensivo cara ninguén.
- Un Whatsapp sen contestar vale máis que 1000 palabras.
•
Twiter:
- Non uses tweets con hashtags irrelevantes.
- Ollo coa información que das e co
que dices
- Informar cando eres agredido ou
acosado por alguén. O silencio non serve. Ademais, debes
bloquealo.
-Non acosar a ninguén a través da túa conta. Ollo: estas
conductas están tipificadas como delitos.
- Recorda que Twitter é unha rede
social onde persoas que non coñeces poden chegar a ver os teus comentarios.
•
Facebook:
- Nunca etiquetes fotografías sen permiso.
- Non publiques todo o que fas.
- Acepta só contactos coñecidos.
- Non reveles o teu contrasinal a
ninguén, nin sequera aos teus amigos. As amizades cambian e non tería ninguna
gracia que otro se faga pasar por ti.
-
Protexe os teus datos persoais (enderezo, teléfono...)
•
Instagram:
- Configura a cámara do teu móbil
para que non almacene a ubicación xeográfica en cada foto.
-
Hai que pensar seriamente na privacidade e nas consecuencias sobre a seguridade
antes de publicar. Os perfís, especialmente dos menores de edad, deberán estar configurados como privados.
-
O uso esaxerado desta rede social consumirá rápidamente a tarifa plana de datos
do noso móbil. O consumo de datos conta tanto si subimos fotos como si as
descargamos para velas.
-
Non abuses publicando cada momento da túa vida diaria.
- Ten cuidado co material (fotos, videos)
que publiques. Aínda que o elimines queda constancia
na rede.
VALORACIÓN:
Distribuirase o seguinte formulario a cada alumno para a valoración do
aprendido na actividade.
|
SI
|
NON
|
Eres consciente do que publicas nas redes
sociais?
|
|
|
Compartes os teus contrasinais?
|
|
|
Aceptaches como amigo a descoñecidos?
|
|
|
Compartes información persoal en internet?
|
|
|
Cres que fas un bo uso das redes sociais?
|
|
|
Cres que o teu comportamento nas redes sociais é
correcto?
|
|
|
Consideras que pasas demasiado tempo conectado?
|
|
|
Comentarios
Publicar un comentario