ACTIVIDADE 2: DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS DO USO DE INTERNET


2. DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS DO USO DE INTERNET:
DESCRICIÓN: elaboración de dez normas básicas que todo alumno e alumna debería respetar do uso de internet.
METODOLOXÍA:
-O profesor establecerá grupos de 4 persoas aplicando o criterio de heteroxeneidade evitando grupos basados en lazos de amizade. Se recomenda que o profesorado forme os grupos antes da sesión.
 - Cada grupo escollerá a un portavoz para tomar nota e expoñer as conclusións ó resto da clase.
- Cada grupo elaborará 5 normas en dez minutos, previa discusión e debate entre eles.
- Farase unha posta en común das conclusións de cada grupo que se irán anotando no encerado.
- De todas as propostas elixiranse as dez máis representativas que formarán o noso decálogo.
- O profesor asignará unha norma a cada grupo para que a deseñe en media cartulina,  indicando nela : número, imaxe representativa e texto da norma.

DURACIÓN: 2 sesións de 45 minutos cada unha.
GUÍA PARA O DOCENTE: Adxúntase un decálogo orientativo.

1.  Pensa antes de publicar. Todo o que escribas permanecerá na rede, aínda que o borres  (datos, información, ideas, fotografías).
2. Usa contrasinais seguras, complexas e secretas. Non lla digas a ninguén e non empregues nin o teu nome nin data de nacemento.
3. Coida a túa imaxe e a dos demáis. Non subas fotos nin vídeos das que te poidas arrepentir pois a súa difusión é incontrolable e podería perxudicar a alguén.
4. Acepta como amigos só aqueles que coñezcas en persoa.
5. Mantén a web cam tapada mentres non a estes usando e si a usas, recorda facelo só con persoas que coñezcas.
6. Insultar, ameazar, roubar contrasinais ou suplantar identidades son considerados DELITOS.
7. Non digas todo de ti. Da a mínima información posible, non te expoñas nin expoñas aos teus.
8. Respeta aos demáis. Ti eres responsable do que publicas. Coida as palabras que pos nos foros e redes sociais. Non fagas o que non queres que che fagan.
9. Non abras correos nin archivos adxuntos de descoñecidos NUNCA.
10. Asegura e coida as túas contas. Decide que información é conveniente publicar  e compartir nas redes sociais, así como quenes poden acceder a elas.

VALORACIÓN:
Distribuirase o seguinte formulario a cada alumno para a valoración do aprendido na actividade.


SI
NON
Eres consciente do que publicas nas redes sociais?


Compartes os teus contrasinais?


Aceptaches como amigo a descoñecidos?


Compartes información persoal en internet?


Cres que fas un bo uso das redes sociais?


Cres que o teu comportamento nas redes sociais é correcto?


Consideras que pasas demasiado tempo conectado?


Comentarios

Entradas populares